Bases promoción – Pulpería Rial convídache á pista de xeo de Padrón
1. EMPRESA ORGANIZADORA
Pulpería Rial Angueira S. L, con CIF B70448717 e enderezo social en Praza Pepe Domingo Castaño, nº 13. 15900 Padrón (A Coruña).
2. ÁMBITO TERRITORIAL DA PROMOCIÓN
A promoción realizarase entre os clientes que acudan ao noso restaurante.
3. PROMOCIÓN
A promoción iníciase xoves 11 de decembro de 2025 e finaliza o domingo 11 de xaneiro de 2026.
4. FORMA DE PARTICIPACIÓN
Todos os clientes que realicen un consumo no noso restaurante por 50 € ou máis, poderán cubrir unha papeleta cos seus datos escritos (nome, apelidos e número de teléfono) e introducila nunha urna habilitada para esta promoción, e participarán na repartición de 4 invitacións á semana, para acudir á pista de xeo que se atopa instalada en Padrón. Sacaranse todos os mércores 2 papeletas, e entregaranse 2 invitacións a cada unha das persoas seleccionadas.
Cada cliente poderá introducir na urna tantas papeletas como consumos realice que cumpran coas condicións, dentro do período da promoción. Non poden participar no sorteo ningunha persoa empregada de Polbeira Rial nin os seus familiares directos.
5. PREMIOS
Os premios consistirán en 2 invitacións por persoa para acudir á pista de xeo instalada en Padrón.
6. SELECCIÓN DAS PAPELETAS
A selección das papeletas con dereito ás 2 invitacións celebrarase todos os mércores, e será realizada por un cliente que se atope nese momento no local (que será a man inocente e extraerá as 2 papleletas seleccionadas).
7. COMUNICACIÓN AOS GAÑADORES
A empresa poñerase en contacto telefónico coas persoas seleccionadas ese mesmo mércores. Se non contestan ou non teñen o teléfono dispoñible, ese mesmo día seleccionarase outra papeleta e seguirase o mesmo proceso.
8. ACEPTACIÓN DAS BASES
Depositarase unha copia das bases no restaurante ao dispor dos clientes que desexen consultalas. As persoas participantes, polo mero feito de participar na presente promoción, aceptan as presentes bases e o criterio do organizador da promoción, en canto á resolución de calquera cuestión derivada da presente promoción.
Non se utilizarán os datos das persoas seleccionadas nin se publicarán fotos destas persoas na redes sociais nin na web.